
FORMAS DE FACER O TEU DOCUMENTO DE IDENTIDADE DA REPÚBLICA GALEGA!
* Pasarte por un dos postos que colocaremos ao longo do país, encher unha ficha, asinar e entregar unha foto. No caso de non ter foto no momento, poderás remitila por correo electrónico. Abonar dous euros no momento. Recibirás na túa casa o teu documento da República Galega. Iremos informando periodicamente de onde se colocarán os postos.
* Encher o formulario premendo aquí para descargalo e mandándoo coa túa sinatura dixitalizada ou escaneada cunha foto tamaño carné a espazoabertoengalizanova@gmail.com . Recibirás mediante a forma de contrareembolso (2 euros e gastos de envío) o documento da República Galega na túa casa. Se nos podes pasarnos a sinatura dixitalizada, non te preocupes, editaremos o teu documento sen sinatura.
Descarga aquí a volantina da campaña!
A edición deste documento de identidade pretende ser un exercicio de reafirmación da nosa identidade galega. Mais, a diferencia doutro tipo de identidades excluíntes, pechadas e resignadas, recollemos as verbas de Castelao, nas que cualificaba a Galiza como unha célula de universalidade. O nacionalismo que nos representamos, de carácter socialista e republicano, pretende amosar unha identidade galega aberta, inclusiva e con nidia vocación internacionalista.
Utilizando o termo “República Galega” non pretendemos xerar controversia nin colisionar frontalmente contra nada nin contra ninguén. Defendemos como proxecto político a longo prazo unha República Galega federada co resto dos pobos ibéricos e europeos en pé de igualdade. Por outra banda incidimos no Republicanismo como aposta pola participación da cidadanía na xestión diaria da Res Publica. Unha democracia onde se crean organismos de participación cidadá nas institucións públicas e se combine a democracia representativa coa participativa. En definitiva, é a defensa da existencia dunha cidadanía realmente consciente de selo e que tamén exerce como tal. Aquí a nosa dupla concepción de República Galega: un instrumento que xere benestar á unha cidadanía activa que pode operar no espazo público a través dun auténtico modelo onde a participación de todos e todas sexa un valor engadido.
14 comentarios:
MOI BOA INICIATIVA.
ISTO VAI DAR MOITO QUE FALAR.
PARABÉNS.
A IDENTIFICARSE TODOS!!!!!!!
Boa idea pero o deseño é un pouco pobre non vos parece?
moi bo!!
en troques de LUGAR DE DOMICILIO no estaria mellor ENDEREZO....ás veces semella que as cousas fanse a correr e sen ter conta do bo emprego do noso idioma.
polo demais boa iniciativa
PAreceme moi ben!!!
Tedesme q ir avisando de cando vides a Coruña pq eu quero facelo...e xa voullo dicir o meu mozo que é moi moi galeguista jejeje..
Un bico
parabéns polo proposta!!
En este país, el mas tonto hace relojes ........... perdón; hace carnets de identidad.
¡ Que desgracia de país !.
¡ Cuanto sub-normal !
¿ Y valdrá para pagar en el Super ?
Es que a mi, las tarjetas me las han cancelado todas, dicen que por falta de pago. ¡No lo entiendo!
sexo??????????????
mimá esa comisión de feminismo de espazo aberto... se é que existe :)
somos galegos non portugeses, iso o primeiro.... ( verificaÇão¿?¿?¿? q carallo, ti dis iso cando falas???)
republica??? eu non quero que galicia sexa ningunha republica, amos home, o que nos faltaba...
os republicanos mataron o meu bisavo. Pensade un pouco antes de por tonterias.
Pa q carallo che vale ter iso?? pa disir x ahi burradas???
Eu xa fai que fixen o DNI éste e non me veu...o final vai adiante ou non?
http://entesescuros.blogspot.com/
van mandar o CNI ou non?
a min xa me chegou!!dixéronme por carta que tiña bastante solicitudes e que algúns ían tardar en chegar!!!
Enviar um comentário